TRISTEZA

La princesa está triste... ¿Qué tendrá la princesa?

Un poema de Rubén Darío co que traballamos a tristeza. 


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Feliz día a todas as mamás! Porque todas sodes traballadoras, independientemente de se desempeñades unha profesión fora da casa, porque o voso tempo, dedicación e cariño vai para nós, os Pequechos. GRAZAS MAMÁS!











Este é o vídeo que aparece co código QR, adicado para todas... por ser súper mamás!

DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro. Despois do patio, os pequechos de 3, 4 e 5 nos reunimos co resto de nenos e nenas de primaria para escoitar o recital de poesía que algunhas clases tiñan preparado.
Os nenos e nenas da clase de 4 anos coloreamos a cara de Rosalía de Castro con lápices acuarelables, sabedes como o fixemos? Pois primeiro pintamos con uns lápices de cores especiais e logo con un pincel mollado en auga convertimos esas cores en acuarelas.

Aquí vos deixo un vídeo con un dos poemas máis coñecidos de Rosalía feito canción por Amancio Prada.


Hoxe contamos na clase un conto moi chulo que trouxo Martiño. Chámase A MÁSCARA DO LEÓN. Un conto sobre a amizade e o poder, a alegría , o medo e a tristeza.

Seguro que vos gusta!


CUMPLE MARTIÑO

Martiño celebrou o seu 4º aniversario con todos nós.
Parabéns Martiño!!!